miércoles, 20 de julio de 2011

búscame a CIA¡

E eu pregúntome moitas veces... e porque a min? Agora resulta que son unha delincuente perseguida polos EEUU jajaja quen me dera saber o delito que cometín, porque non teño nin idea...  Aver que vos explico :) O día 28 de xuño os becarios da fundación fomos todos xuntos con FSL, o programa organizador, a Madrid, a embaixada dos EEUU a facer o noso visado que precisamos para poder viaxar ao estranxeiro. Foi todo moi rápido, bueno, ''rápido'' e aparentemente non houbo ningún problema cos papeis. Os traballadores encargados de facernos o visado precisaban do pasaporte, polo que quedou alí con eles. Dixéronnos que en 3 días máis menos teríamolo de volta na casa. Bueno, como moito unha semana, 10 días. E eu pensei, jáaaa o meu ha de tardar máis, e que son moi pesimista ás veces. Tío, o que máis me fastidia é ter a razón¡ jajaj e é que xa pasou case un mes e o meu pasaporte sigue retido na embaixada¡ jajaj O gracioso e que non sabemos porqué u.U. Medo me dá... Deben sospeitar de min, de min tío... que o máximo delito que nin no código penal está rexistrado foi timbrar as portas das casa e marchar correndo¡ Que desfeita, o primeiro pensamos que a culpa a tiña meu irmán, que o ano pasado estivo en EEUU, e puido ter feito algún estrago por terras americanas, e cun familiar con antecedentes penais, podería ser o motivo do retraso da entrega do meu querido pasaporte. Pero o neno non fixo nada, já, según el vamos.... Pois aver, será o apelido, que como é de orixe árabe, e co rollo das Torres Xemelgas, ... nada que o final tamén me terei que cambiar o nome, xD O caso é que se non mo dan pronto, aplicarán o ''Plan B''. Case prefiro que non cheguemos a eses extremos, pero se o venres aínda non chegou a casa, non quedará outra ... ai (suspiro), e eu, inocente de min,  que pensaba que con facer a maleta iba ter estrés abondo e agora venme esto encima¡

jueves, 7 de julio de 2011

pre-NewStart

Considerei o nome deste blog como NewStart porque o que vou escribir nel é iso, as miñas experiencias dun novo comezo nos Estados Unidos, máis concretamente en West Point, Utah. Vale, a verdade e que me chivaron o título do blog jaja pero o mérito como se fora meu¡ Aínda me queda un mes aproximadamente para marchar, a verdade non o sei, non conto os días, prefiro non facelo, que o día da marcha me sorprenda é moito máis gratificante. Vou pasar alí nada máis e nada menos que 11 meses na casa dos Amott's (a miña queridísima host family) que viven nun pequeno pobo preto do Lago Salado, Salt Lake. Podo considerarme unha das becarias afortunadas, pois asignáronme a familia moi pronto, a mediados de marzo, o que me dou moito tempo para falar e intercambiar ideas con eles. Sei que vai ser un cambio moi grande e chocante, pasar de ter un único irmán máis vello ca min, que agora apenas pasa tempo na casa, a ser a irmá maior de catro rapaces¡ UUF, por non tocar o tema das mascotas, que alí son moi dados a iso: cabalos, cans, galiñas, gatos ... Cando a única experiencia que tiven eu con pets foron hamsters, peixes que apenas vivian comigo semanas, e un periquito da tómbola. Triste. Voume volver unha Cowboy en toda regla. Pero supoño que se tes varios ''acres'' de terra, e unha casa no campo, é máis doado ter animais. Todo isto non me preocupa, xa que vou vivir unha nova experiencia, que sexa o máis diferente posible á  vida que levo en Galicia. Iso enriquecerame moito máis, a fin de contas. Vou saborear a comida española, estos días fágoo máis que nunca, polo que me espera, asique un see you later :)