jueves, 7 de julio de 2011

pre-NewStart

Considerei o nome deste blog como NewStart porque o que vou escribir nel é iso, as miñas experiencias dun novo comezo nos Estados Unidos, máis concretamente en West Point, Utah. Vale, a verdade e que me chivaron o título do blog jaja pero o mérito como se fora meu¡ Aínda me queda un mes aproximadamente para marchar, a verdade non o sei, non conto os días, prefiro non facelo, que o día da marcha me sorprenda é moito máis gratificante. Vou pasar alí nada máis e nada menos que 11 meses na casa dos Amott's (a miña queridísima host family) que viven nun pequeno pobo preto do Lago Salado, Salt Lake. Podo considerarme unha das becarias afortunadas, pois asignáronme a familia moi pronto, a mediados de marzo, o que me dou moito tempo para falar e intercambiar ideas con eles. Sei que vai ser un cambio moi grande e chocante, pasar de ter un único irmán máis vello ca min, que agora apenas pasa tempo na casa, a ser a irmá maior de catro rapaces¡ UUF, por non tocar o tema das mascotas, que alí son moi dados a iso: cabalos, cans, galiñas, gatos ... Cando a única experiencia que tiven eu con pets foron hamsters, peixes que apenas vivian comigo semanas, e un periquito da tómbola. Triste. Voume volver unha Cowboy en toda regla. Pero supoño que se tes varios ''acres'' de terra, e unha casa no campo, é máis doado ter animais. Todo isto non me preocupa, xa que vou vivir unha nova experiencia, que sexa o máis diferente posible á  vida que levo en Galicia. Iso enriquecerame moito máis, a fin de contas. Vou saborear a comida española, estos días fágoo máis que nunca, polo que me espera, asique un see you later :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario