miércoles, 20 de julio de 2011
búscame a CIA¡
E eu pregúntome moitas veces... e porque a min? Agora resulta que son unha delincuente perseguida polos EEUU jajaja quen me dera saber o delito que cometín, porque non teño nin idea... Aver que vos explico :) O día 28 de xuño os becarios da fundación fomos todos xuntos con FSL, o programa organizador, a Madrid, a embaixada dos EEUU a facer o noso visado que precisamos para poder viaxar ao estranxeiro. Foi todo moi rápido, bueno, ''rápido'' e aparentemente non houbo ningún problema cos papeis. Os traballadores encargados de facernos o visado precisaban do pasaporte, polo que quedou alí con eles. Dixéronnos que en 3 días máis menos teríamolo de volta na casa. Bueno, como moito unha semana, 10 días. E eu pensei, jáaaa o meu ha de tardar máis, e que son moi pesimista ás veces. Tío, o que máis me fastidia é ter a razón¡ jajaj e é que xa pasou case un mes e o meu pasaporte sigue retido na embaixada¡ jajaj O gracioso e que non sabemos porqué u.U. Medo me dá... Deben sospeitar de min, de min tío... que o máximo delito que nin no código penal está rexistrado foi timbrar as portas das casa e marchar correndo¡ Que desfeita, o primeiro pensamos que a culpa a tiña meu irmán, que o ano pasado estivo en EEUU, e puido ter feito algún estrago por terras americanas, e cun familiar con antecedentes penais, podería ser o motivo do retraso da entrega do meu querido pasaporte. Pero o neno non fixo nada, já, según el vamos.... Pois aver, será o apelido, que como é de orixe árabe, e co rollo das Torres Xemelgas, ... nada que o final tamén me terei que cambiar o nome, xD O caso é que se non mo dan pronto, aplicarán o ''Plan B''. Case prefiro que non cheguemos a eses extremos, pero se o venres aínda non chegou a casa, non quedará outra ... ai (suspiro), e eu, inocente de min, que pensaba que con facer a maleta iba ter estrés abondo e agora venme esto encima¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarE ahi se nos vai, a nosa querida alduski, pasao mais que ven churriña, e por vigesimoquinta vez, Quérote, non te preocupes que aqui, polo menos da miña parte non nos imos esquecer de ti. Botareite de menos cousiña, eras imprescindible, e cando volvas quero que o sigas sendo!
ResponderEliminar